Xan 04

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Como sabes, o pasado 17 de decembro a militancia da provincia da Coruña participou nunha xornada de primarias, sendo o compañeiro Valentín González Formoso escollido como novo Secretario Xeral Provincial. A partir de agora ábrese o prazo para escoller as delegacións que asistirán ó Congreso Provincial, que se celebrará o día 13 de xaneiro. Por medio da presente comunícote que o vindeiro xoves día 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

Dec 15

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro domingo día 17 decembro será a xornada de votación para elixir o próximo Secretario Provincial. De 16:00 a 20.00 horas na nosa Casa do Pobo.  Este ano a Agrupación Socialista de Camariñas xoga a lotaría do Nadal co número 46.883. Se aínda non o tes póñete en contacto comigo. Aproveito para desexarte a ti e a túa familia unhas moi Felices Festas. Sen máis, recibe un afectuoso saúdo socialista.

Nov 17

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro venres día 17 de novembro, ás 20:00 horas, haberá Asamblea Ordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos.

Páxina 1 de 35